miércoles, 31 de octubre de 2012

Deixa de Fumar! Vivirás máis!

Un estudo científico, publicado na prestixiosa revista de mediciña "The Lancet", establece que a esperanza de vida das fumadoras diminúe (ata dez anos) canto máis tarden en deixar a adicción.
Así mesmo, o estudo tamén reflicte que o risco de morte aumenta co número de cigarrillos.
Deixar de fumar alonga a vida
Leer más...

SUICIDIO CELULAR NAS CÉLULAS CANCERÍXENAS

Cando as células sanas sofren algunha alteración importante que pon en risco as súas células veciñas ou o tecido o que pertencen...¡Suicídanse!. É o que os científicos chaman apoptose ou "morte celular programada".
Xa fai tempo que os científicos descubriron que as células tumorais (as que provocan cancro) sáltanse este control celular e crecen rápidamente manténdose en estado "xuvenil" polo que son consideradas células inmortais.
Investigadores dun laboratorio de Nova York identificaron a proteína que lles permite as células canceríxenas crecer indefinidamente e sen control.
Este equipo de científicos foi capaz de neutralizala conseguindo que as células do tumor estivesen de novo baixo control e respetasen a apoptose.
Bótalle unha ollada a nova: Sucidio de células tumorais


Leer más...

viernes, 12 de octubre de 2012

METEORITO MARCIANO

Descobren en Marrocos un meteorito procedente de Marte que se desprendeu do planeta hai uns 700000 anos.

Segundo os científicos é excepcional porque é relativamente recente a outros caídos na Terra o que supón unha mellor conservación e, en consecuencia, permitirá coñecer máis sobre a evolución xeolóxica de Marte.
Premede na seguinte ligazón para ver a nova Meteorito marciano
Leer más...

jueves, 4 de octubre de 2012

Saúde Humana

Aquí tedes o impartido en clase. Premede na ligazón para acceder
 Presentacións profesor
Un saúdo, e moita sorte durante o curso!
Leer más...

A Célula

Xa tedes a vosa disposición a parte que impartín do tema da célula. Para acceder a ela premede na ligazón Presentacións profesor
Un saúdo para todos e moita sorte durante o curso.
Leer más...