sábado, 28 de diciembre de 2013

RELACIÓN E COORDINACIÓN

Os de 2º xa podedes botarlle un vistazo o próximo tema sobre a función de relación.
Relación e coordinación


Leer más...

lunes, 23 de diciembre de 2013

miércoles, 4 de diciembre de 2013

O ADN HUMANO MÁIS ANTIGO

A colaboración entre o equipo de Atapuerca e un equipo de investigadores alemáns da universidade Max Planck proporciónanos a secuenciación do ADN humano máis antigo.
O material xenético extraeuse dun fémur presente na Sima dos Ósos do famoso xacemento de Atapuerca, sen lugar a dúbidas un dos máis importantes para o estudo da evolución humana.
O resultado da investigación comparativa coas especies máis cercanas tanto fósiles (neandertales e denisovanos) como vivas (humanos actuais e grandes simios) amósanos un escenario pasado cunha maior complexidade de especies humanas no Pleistoceno Medio.

Botádelle unha ollada aos seguintes links para saber máis:
http://www.agenciasinc.es/Noticias/El-ADN-humano-mas-antiguo-aparece-en-Atapuerca
http://www.cadenaser.com/sociedad/articulo/encuentran-atapuerca-adn-humano-antiguo-mundo/csrcsrpor/20131204csrcsrsoc_9/Tes
E se queredes saber máis sobre Atapuerca:
http://www.atapuerca.org/





Leer más...

lunes, 2 de diciembre de 2013

ALGO DEBE CAMBIAR

Vimos de presenciar a resolución do caso "Prestige" cuns resultados máis que discutibles.
Non parecen existir responsables da maior catástrofe ecolóxica ocorrida en España.
Só o señor Mangouras foi condenado por desobediencia. Botádelle unha ollada a nova:
Nova de La Voz de Galicia
Pero si esto xa é de por si un feito asombroso, moito máis grave parece afirmar que as nosas augas están xa recuperadas:
A foto que vedes é desta mesma fin de semana nunha praia de Fisterra.
Xuzgade vós mesmos!
Por se algún estades interesados en saber máis:
Que pasa na costa?

Leer más...

domingo, 1 de diciembre de 2013

NUTRICIÓN

Os de 2º da ESO xa tedes o tema de nutrición completo. Premede na ligazón de abaixo:
Nutrición

Leer más...

TECIDOS VEXETAIS

Xa podedes acceder a parte de tecidos vexetais que será o último que entre no exame. Premede, como sempre na ligazón:
Tecidos Vexetais



Leer más...

martes, 26 de noviembre de 2013

Premede na seguinte ligazón para acceder a parte de órganos, como veredes é un resumo, porque o veremos máis a fondo noutro tema.
Órganos, sistemas e aparellos


Leer más...

miércoles, 13 de noviembre de 2013

TAXISTAS: UN HIPOCAMPO DE AUPA!

Pois resulta que non era o hipotálamo como xa sospeitaba, senón o hipocampo, algunhas de vós "case" tíñades razón. Finalmente, é esta parte do cerebro a que potencian os taxistas co traballo ao longo da súa vida.
Lembrávades bastante ben a nova científica, e é unha satisfacción comprobar que prestades atención na tele a algo máis que á borralla que habitualmente botan por ela.
Como o prometido é débeda, atopei a nova e o documental do programa "Redes" de Eduard Punset onde aparece.
Esto sí que é ter boa memoria! Noraboa!
Aquí tedes a ligazón para ver toda a nova: Taxista, un hipocampo de aupa
Ou directamente podedes ver o vídeo-documental:

Leer más...

sábado, 2 de noviembre de 2013

O SANGUE

Os de bacharelato tedes na seguinte ligazón a presentación sobre o sangue que veremos nuns días na clase:
O Sangue



Leer más...

viernes, 25 de octubre de 2013

A VERDADE ESTÁ AHÍ FÓRA

Como decían na famosa serie "Expediente X".
Un equipo de científicos británicos afirma ter achado na estratosfera, a uns 27 Km de altitude, distintos tipos de microorganismos.
E poderiades dicir, e que?
Pois se como eles afirman non é posible para organismos tan pequenos chegar a esa altitude dende a Terra, sería a primeira vez que se demostraría a entrada no noso planeta de vida extraterrestre.
Botádelle unha ollada á nova:
PANSPERMIA
                                                  Organismo atopado na estratosfera
Leer más...

jueves, 24 de octubre de 2013

TECIDOS ANIMAIS

Os de bacharelato podedes acceder fácilmente ó tema de tecidos animais premendo na seguinte ligazón:
TECIDOS ANIMAIS


Leer más...

viernes, 18 de octubre de 2013

MANTEMENTO DA VIDA

Os de 2º da ESO xa tedes a vosa disposición o primeiro tema na seguinte ligazón:
Mantemento da vida


Leer más...

viernes, 11 de octubre de 2013

A Célula

Os de 1º de Bacharelato xa tedes a vosa disposición a segunda parte do tema da organización dos seres vivos: A célula. Premede na seguinte ligazón:
A Célula


Leer más...

domingo, 29 de septiembre de 2013

TEMA: ORGANIZACIÓN E ESTRUTURA DOS SERES VIVOS

Xa podedes descargar a primeira parte do tema 1que inclúe os niveis de organización e a base química da vida. Premede na seguinte ligazón:
Organización e estrutura parte I


Leer más...

viernes, 6 de septiembre de 2013

NEANDERTALES E SAPIENS NA COVA DE EIRÓS

Para retomar con forzas o novo curso que xa temos enriba imos aprender algo sobre o Paleolítico galego.
A cova de Eirós (Triacastela, Lugo) foi utilizada en distintos períodos por Homo sapiens e Homo neanderthalensis; por que é importante isto?
Primeiro, porque apenas hai excavacións neandertales en Galicia, e segundo porque atopar restos fósiles destas dúas especies no mesmo lugar posibilita o estudo das semellanzas e diferenzas entre elas e axudaranos a entender mellor porque unha delas, sapiens, sobreviviu mentras que a outra quedou no camiño.
Botádelle unha ollada a nova: Sapiens e Neandertales na cova de Eirós

Leer más...

domingo, 2 de junio de 2013

CAPAS FLUIDAS DA TERRA

Aquí tedes o último tema, só inclúe atmosfera e hidrosfera que será o último que vexamos:
Capas fluidas da Terra
Leer más...

CAPAS FLUIDAS DA TERRA AGRUPAMENTO

Xa podedes acceder ao tema das capas fluidas da Terra (atmosfera e hidrosfera) que será o último que imos ver:
Capas fluidas Terra Agrupamento
Leer más...

sábado, 1 de junio de 2013

CUESTIÓNS REFORZO FINAL

Xa podedes acceder os de reforzo ás cuestións de preparación para o final.

Cuestións reforzo final
Leer más...

CUESTIÓNS DE REPASO PARA O FINAL

Aquí tedes cuestións para recuperar as partes que tedes suspensas. Son cuestións para toda a clase, os de agrupamento e de reforzo tedes noutras entradas do blogue cuestións específicas.

Cuestións clase referencia
Leer más...

miércoles, 29 de mayo de 2013

CUESTIÓNS REPASO EXAME FINAL AGRUPAMENTO

Os de agrupamento que tedes que recuperar algunha parte xa podedes acceder as cuestións para repasar para o final:
Cuestións de repaso

Lembrade que non están incluídas aquí os temas adicados as capas da terra que estamos vendo.
Leer más...

lunes, 6 de mayo de 2013

UNHA GRAN NOVA PARA GALICIA E A SÚA BIODIVERSIDADE

Vense de confirmar a reprodución estable en Galicia do oso pardo.
Ademais parece que as poboacións na cornisa cantábrica están a dar signos de recuperación.
Se queredes saber máis botádelle unha ollada as ligazóns de abaixo.
Reprodución estable en Galicia
Entrevista a García Lorenzo (Fundación Oso Pardo)


Leer más...

Cuestións de repaso para os de reforzo

Quedan xa dispoñibles as cuestións de repaso para os alumnos que tedes reforzo. Os demais, se queredes podédeslle botar unha ollada xa que seguro vos serán de utilidade.
Repaso Reforzo Artrópodos Vertebrados e Biodiversidade


Leer más...

domingo, 5 de mayo de 2013

CUESTIÓNS REPASO AGRUPAMENTO ARTRÓPODOS E VERTEBRADOS

Agrupamento: Na seguinte ligazón tedes cuestións para prepararvos para o exame de Artrópodos e Vertebrados.
Cuestións Agrupamento Artrópodos e Vertebrados


Leer más...

viernes, 3 de mayo de 2013

BIODIVERSIDADE

Xa tedes a vosa disposición o tema de Biodiversidade que veremos nestes días. Como xa vos comentei é un tema moi resumido, só con algunhas ideas principais.
Premede na ligazón: Biodiversidade


Leer más...

lunes, 29 de abril de 2013

DROGODEPENDENCIAS

Premede na ligazón que está abaixo para poder acceder o tema de drogodependencias.
Drogodependencias


Leer más...

lunes, 15 de abril de 2013

VERTEBRADOS AGRUPAMENTO

Premede na seguinte ligazón para ver o tema Vertebrados Agrupamento:
Vertebrados Agrupamento

Leer más...

OS VERTEBRADOS

Xa podedes acceder ao tema de Vertebrados!
Premede na seguinte ligazón:
Vertebrados

Leer más...

jueves, 11 de abril de 2013

Teño unha dieta equilibrada?

Na seguinte ligazón xa podedes acceder ás instruccións que din na clase para facer o traballo sobre a dieta equilibrada deste trimestre.
Teño unha dieta equilibrada?

 Teño tamén as copias en papel para cada coordinador de grupo. Lembrádemo na clase para que volas entregue.
Leer más...

martes, 2 de abril de 2013

A Tarántula oriéntase pola luz

Xa que estamos a falar na clase dos arácnidos e dos ollos dos artrópodos en xeral, penso que o artigo da seguinte ligazón pode interesarvos: A orientación das tarántulas


Leer más...

miércoles, 13 de marzo de 2013

Cuestións Invertebrados Non Artrópodos

Dende esta ligazón podedes acceder ás cuestións para a preparación do exame:
Cuestións

Leer más...

viernes, 8 de marzo de 2013

Resumos dos traballos sobre sexualidade de 4º CMS

Xa podedes descargar na ligazón os resumos, con lixeiras modificacións, dos traballos que fixéchedes sobre sexualidade. Se teño tempo, a partir da tarde do luns os teredes tamén en conserxería.
Resumos 4º Sexualidade
Leer más...

Resumos dos traballos sobre Sexualidade 3º ESO CMS

Os resumos xa os tedes na conserxería do IES dende hoxe venres. De tódolos xeitos, se preferides podedes descargalos na seguinte ligazón:
Resumos 3º Sexualidade
Estudiade e sorte para o exame!
Leer más...

domingo, 3 de marzo de 2013

Invertebrados Agrupamento

Podedes xa descargar o tema de Invertebrados. Premede na ligazón:
Invertebrados Agrupamento
Leer más...

Invertebrados

Xa podedes acceder a ligazón para descargar o tema de Invertebrados:
Invertebrados

Leer más...

miércoles, 27 de febrero de 2013

SEXUALIDADE II

Xa tedes a segunda parte do tema de sexualidade para descargar na seguinte ligazón:
Sexualidade II


Leer más...

viernes, 22 de febrero de 2013

Recuperación 1º Avaliación CMS

Lembrade que os que tedes suspensa a 1º avaliación de CMS tedes como data límite para entregar os traballos de recuperación o luns 25 de Febreiro. Non recollo traballos despois desta data.
Leer más...

jueves, 21 de febrero de 2013

Novas relacionadas co consumo de drogas

Neste enlace podedes mirar novas que apareceron no xornal "El País" relacionadas co tema das drogas, especialmente para drogas de deseño:
Novas sobre drogas
Leer más...

Drogas de deseño

Para os que tedes por diante o traballo de drogas de deseño pode ser de utilidade a seguinte ligazóns:
Consumo drogas Europa
Leer más...

Tabaquismo

Penso que para os que estades a traballar nos temas de tabaco e despois de botarlle unha ollada pódevos axudar:
Tabaquismo en España
Historia del tabaco
Leer más...

Homofobia

No seguinte enlace podedes acceder a nova do xornal "Público" relacionada coa homofobia e a xuventude española:
Homofobia e xuventude en España
Leer más...

DISCRIMINACIÓN SEXUAL

Para mellorar o traballo e poder extaer novas ideas despois do que falamos na clase, aquí tedes unha ligazón con noticias relacionadas coa discriminación sexual, incluida a discriminación da muller, que foron publicadas no xornal "EL PAÍS".
Premede aquí: http://elpais.com/tag/discriminacion_sexual/a/
Leer más...

sábado, 26 de enero de 2013

Sexualidade parte I

Aquí tedes a primeira parte do tema que estamos a ver na clase.
Premede na seguinte ligazón:
 Sexualidade Parte I
Leer más...

miércoles, 23 de enero de 2013

ENQUISA SOBRE DROGAS 2011-2012: MELLORAMOS, PERO SOMOS MÁIS "SEDANTEDEPENDENTES"

A nova enquisa sobre o consumo de drogas en España reflicte unha diminución no consumo da maioría das drogas no noso país. Só se produce un aumento en ansiolíticos e tranquilizantes.
Premede na seguinte ligazón para ler a nova e logo poder comentala na clase:
Enquisa sobre dorgas
Leer más...

miércoles, 16 de enero de 2013

Reino Fungos e Reino Vexetal

Xa podedes acceder a parte do tema dos Reinos que estamos a dar neste trimestre. Fixádevos ben porque hai dúas presentacións tituladas Reinos II, unha é da clase de referencia e a outra é a presentación da clase de agrupamento.
Para velas ou descargalas premede na seguinte ligazón Presentacións profesor
Leer más...

domingo, 13 de enero de 2013

UNHA NOVA CHAMADA DE ATENCIÓN

Científicos do CSIC atopan resultados preocupantes nos seus estudos sobre a absorción de CO2 por parte do océano atlántico. Unha mostra máis das modificacións que estamos a provocar a nivel global das correntes oceánicas e os seus efectos negativos. Neste caso diminúe a capacidade de captación deste gas no atlántico, o océano máis importante nesta labor, e en consecuencia, o gas persiste na nosa atmosfera aumentando o efecto invernadoiro antropoxénico.
Botádelle unha ollada a ligazón da nova:
O Atlántico absorbe menos CO2 
Leer más...